Bañobre e Cortegoso, autores de 'O charco de Ulises': "Ás veces hai moita condescendencia na figura dos emigrados"
Publicado o 12/01/2021 17:24
O charco de Ulises é unha versión libre da Odisea actualizada e traspasada a un contexto atlántico. A peza xera un diálogo co mito orixinal para tratar o tema da emigración galega cun compoñente poético.
A peza de Marián Bañobre e de Santiago Cortegoso estréase o xoves no Salón Teatro e terá funcións do 15 ao 31 de xaneiro.