CRTVG

Buscar

Bañistas deteñen en Granada dous traficantes de drogas cando fuxían da Garda Civil

Publicado o 17/08/2021 10:01

Os bañistas de Granada deteñen dous traficantes de droga na praia de Melicena cando fuxían da Garda Civil. Na embarcación levaban uns vinte fardos de haxix que pesaban arredor de 800 quilos. Unha droga que na rúa podería chegar ao millón e medio de euros.

Unha patrulleira persegue os dous traficantes. Encallan a toda velocidade na praia. A piques de levar a vida dun veraneante coa embarcación, os dous cunha camiseta branca emprenden a fuxida pola area da praia ante a incrédula mirada dos bañistas, pero chegaron uns segundos para que os que gozaban dun día de lecer ao sol se puxesen a perseguir os delincuentes.

Un deles fuxía cunha bolsa negra entre as mans e despois de dar varias voltas, caeu ao chan, onde o inmobilizaron ata que se presentan axentes. O outro fuxiu cara a unha zona de auga polo medo de ser atrapado polos bañistas. Non fixo falta, foi interceptado minutos despois por axentes da Garda Civil. A lancha viña cargada de haxix.

Noticias web

17/08/2021