CRTVG

Buscar

Bandourrío, a praia da Corna e Corrubedo, as zonas quentes das festas na rúa en Ribeira

Publicado o 16/08/2021 13:58

Novo aluvión de chamadas á Policía Local de Ribeira por festas privadas e grupos de mozos bebendo na rúa. Aínda que non houbo que deter a ninguén, si destacaron que se viron obrigados a reforzar a quenda para poder chegar a todos os puntos conflitivos.

Este é os puntos máis conflitivos, está a zona de Bandourrío, en Santa Uxía. Neste parque hai grupos de mozos e mozas que veñen as noites beber e estar de festa, sobre todo na fin de semana. O momento máis conflitivo chega cando pechan os bares, xa que moitas das persoas non queren volver para a casa e créanse aglomeracións na rúa. Hai zonas nas que chegan a amorearse medio milleiro de persoas e é nese mesmo instante cando máis chaman os veciños a policía. Malia que a maior parte son xente civilizada sempre hai algúns que deciden nos respectar a contorna.

Os veciños din que  hai unha zona moi iluminada na que non hai ninguén, pero a zona onde están os bambáns, é onde se xuntan está noxento onde atopas de todo. Restos de botellas, papeis plásticos. Claro por aquí é zona de movida, foi sempre zona de movida. Ás veces atopamos lixo. Algunha bolsa o que é cacharros, cristais ou iso non. Algunha vez temos visto, pero este ano non. Vemos tamén pasar moito os servizos de limpeza e están máis pendentes.

Outro dos puntos conflitivos é este. O piñeiral da praia da Corna en Palmeira xunto con Corrubedo onde algunhas persoas que se atopaban no lugar comezaron a lanzar pedras e botellas ao coche patrulla, que tivo que abandonar a zona ante o nutrido grupo de xente que había.

Noticias web

16/08/2021