CRTVG

Buscar

Bandeiras a media hasta no primeiro día de loito oficial en Galicia

Publicado o 01/05/2020 15:06

• A Xunta decretou loito oficial en Galicia do 1 ao 31 de maio para honrar as vítimas


Maio arranca morriñento en Galicia en consonancia co loito oficial que empeza hoxe e que rematará co mes. No espazo público exprésase con crespóns negros e bandeiras a media hasta nos edificios oficiais, porque as celebracións xa quedaron suspendidas hai tempo. No espazo privado, cada un elixe como sumarse a ese loito.


As cifras, sempre frías, como este maio atípico, din que a tormenta da pandemia empeza a amainar, pero na memoria sempre quedarán as persoas, cos seus nomes e apelidos, que levou ese virus que puxo o mundo do revés. Nunca esqueceremos os homes e mulleres, os nosos maiores, que non puideron despedirse dos seus.

E así están as rúas galegas este primeiro día de loito oficial, igual que os demais de baleiras, molladas e tristes.

Noticias web

01/05/2020