CRTVG

Buscar

Bandeira amarela en Samil tras a vertedura do sábado

Publicado o 18/06/2017 17:28

Aínda non se coñece a procedencia da mancha e continúan analizando a composición

Bandeira amarela en Samil tras a vertedura do sábado

O Concello de Vigo decidiu reabrir este domingo ao baño a praia de Samil, despois de que na tarde de onte unha vertedura obrigase a colocar a bandeira vermella.

Dende primeira hora os traballadores do servizo de limpeza municipal retiraron os residuos que onte obrigaron a desaloxar a auga, como medida preventiva.

Nesta xornada colocouse unha bandeira amarela para avisar de que estaba permitido o baño pero que non era recomendable.

Aínda non se coñece a procedencia da mancha e continúan analizando a composición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/06/2017