Banco Sabadell reducirá o cadro de persoal en 2.000 empregos
Publicado o 29/10/2020 08:28
O Banco Sabadell prepara unha redución de postos de traballo que deixará fóra 2.000 empregados en España, o quince por cento do cadro de persoal actual.
A dirección da entidade convocará a semana que vén os sindicatos para anunciarlles o seu plan de prexubilacións, baixas voluntarias e incentivadas para este recorte de emprego.
Afectará os servizos centrais do banco e oficinas e tamén a súa filial británica TSB, onde eliminará outros 900 empregos.