CRTVG

Buscar

Baltar dille a Pedro Sánchez que as axudas da Deputación de Ourense son legais

Publicado o 26/06/2020 14:46

O presidente da Deputación de Ourense envioulle unha carta a Pedro Sánchez en que defende a legalidade das axudas a pemes e autónomos do organismo provincial afectados pola covid-19.

Manuel Baltar expresa a súa indignación porque a Subdelegación do Goberno na provincia estea a analizar se as 700 solicitudes xa presentadas se rexistraron antes que se abrise o prazo legal.

Son catro millóns de euros en axudas e autónomos e empresarios están preocupados por se hai que devolver os cartos xa cobrados.

Noticias web

26/06/2020