CRTVG

Buscar

Ábalos recibe protestas de comerciantes na estación de Atocha e asegura que se negociarán os alugueiros

Publicado o 24/06/2020 18:56

Tenso momento o vivido hoxe polo ministro de Transporte durante unha visita á estación madrileña de Atocha. Varios comerciantes deste recinto increparon a José Luís Ábalos pola complicada situación, din, que están a vivir. Denuncian que se van ver obrigados a pechar os seus negocios na estación polo pago dos alugueiros.

Dende o Ministerio aseguran que en ningún momento se esixiu este pago. Din que por procedemento fiscal están obrigados a emitir as facturas do alugueiro. Ademais, destacan que o Adif vai negociar a moratoria do pago no alugueiro dos locais.


 

Noticias web

24/06/2020