Ábalos pídellles a PP e C's que deixen gobernar
Publicado o 03/05/2019 14:50
A intención de Pedro Sánchez, segundo o secretario de organización do PSOE, é formar un goberno socialdemócrata e constitucional. O presidente en funcións mesmo quere manter o actual Executivo "coas correccións que correspondan". Pero antes debe superar a investidura, e para iso citou a próxima semana en Moncloa a Casado, Rivera e Iglesias. Ábalos agarda que colaboren para a gobernabilidade como fixo o PSOE ao absterse na investidura de Rajoy en 2016.
Pero a próxima cita electoral marca as estratexias de PP e Ciudadanos, que hoxe presentaban listas para as autonómicas.
Pablo Casado acompañará mañá a Alberto Núñez Feijóo nunha romaría dos populares galegos no Pino. Será a primeira vez que coincidan en público tras a derrota do domingo.