CRTVG

Buscar

Ábalos insiste en que o AVE a Galicia chegará no 2021

Publicado o 25/01/2020 21:08

O secretario de Organización do PSOE continuaba este sábado coa súa axenda en Galicia. Participou en Compostela no Comité Nacional do PSdeG, xunto ao líder dos socialistas galegos. Gonzalo Caballero, botáballe en cara ao PPdeG que polemizase cos temas do IVE, da AP-9 e do AVE só cando gobernan no executivo en Madrid os socialistas e non cando gobernaba o PP.  Sobre a polémica dos prazos do AVE na nosa comunidade, Ábalos insistiu na data de 2021 e destacou a importancia das probas de seguridade previas. 

"Inmediatamente poderemos aplicar as probas de seguridade que non tardarán como o treito anterior porque xa está desenvolvida a tecnoloxía... Iso significa que seguimos traballando para o 2021 e é posible", dixo Ábalos
"Un PP do cal o Tribunal de Contas acaba de dicir que houbo graves irregularidades cando Rajoy e Ana Pastor gobernaban en España, coa complicidade de Feijóo. A cara dura do PP cando fala do AVE non ten límites e non llo podemos consentir", asegurou Gonzalo Caballero.

Noticias web

25/01/2020