CRTVG

Buscar

Ábalos di que o Goberno vai respectar os investimentos e os contratos de Fomento

Publicado o 12/07/2018 14:57

O Goberno vai investir máis de 5.000 millóns de euros en obra pública durante este ano.

Explicouno o ministro de Fomento na súa primeira comparecencia no Congreso, na que anunciou que o relevo en Moncloa non lles vai afectar aos contratos e compromisos. José Luis Ábalos anunciou unha estratexia para mellorar a competitividade de Renfe e ADIF, prometeu unha rebaixa inmediata na bonificación para o transporte dos residentes insulares, un plan para promover 20.000 vivendas de alugueiro, e o impulso dun servicio postal universal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2018