CRTVG

Buscar

Ábalos di que as causas ante o Tribunal de Contas son "pedras no camiño" do diálogo con Cataluña

Publicado o 25/06/2021 15:40

Na viaxe a Bruxelas, o presidente do Goberno evitou falar dos indultos aos presos do procés, que gozan hoxe do seu terceiro día en liberdade. Os indultados teñen aínda que pagar as sancións que lles impuxo o Tribunal de Contas por financiar o referendo do 1 de outubro. Ascenden a case 5 millóns de euros.

Sobre a multa falou hoxe o ministro de Transportes. José Luis Ábalos di que son pedras no camiño do diálogo.

José Luís Ábalos, ministro de Transportes: "Sabiamos que estas causas, que non deixar de ser pedras no camiño, estaban aí. Correspóndenos ir desempedrando todo este camiño, dende o recoñecemento das institucións e a legalidade".

Noticias web

25/06/2021