CRTVG

Buscar

Ábalos cualifca a PP, Cs e Vox como "inimigos da liberdade" por apoiar o veto parental educativo

Publicado o 18/01/2020 14:54

No PSOE, o seu secretario de Organización, José Luis Ábalos, cargaba esta mañá contra o veto parental sinalando que atenta contra "valores básicos como a igualdade e a liberdade".

Ábalos participou nun acto dos socialistas en Murcia e alí dixo que "as tres dereitas" queren "levar o conflito ás escolas" e enfrontarse aos mestres. O ministro e dirixente socialista explicou que o seguinte paso da dereita será a insubmisión fiscal e que co veto parental practican a hipocrisía apelando á liberdade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2020