CRTVG

Buscar

Ábalos busca apoios á investidura no PNV, Compromís, o PRC, CC e UPN

Publicado o 12/06/2019 08:24

Horas intensas de negociacións no Congreso dos Deputados. O secretario de Organización do PSOE, José Luis Ábalos, comeza co PNV unha rolda de contactos para lograr apoios á investidura de Sánchez; conversas que inclúen a Compromís, os rexionalistas cántabros e canarios e a Navarra Suma. Onte, Sánchez que obtivo un non rotundo de PP e Ciudadanos, e ofreceulle a Iglesias un goberno que denominaron "de cooperación".

Axenda repleta para José Luis Ábalos, o secretario de Organización do PSOE, que tenta sumar votos á investidura de Sánchez; tenta sumar sen contar cos independentistas. A primera cita desta mañá será co portavoz do PNV. 

"Entendo que ao final haberá investidura, porque creo que volver a repetir o espectáculo dunha lexislatura cortada aos seis meses, pois paréceme que ao electorado non lle ía facer moita graza", vaticinou onte Aitor Esteban.

Despois será a quenda parta Joan Baldoví, o representante de Compromís dixo que "a nosa liña vermella é que se arranxe o modelo de financiemento e, mentres, que haxa una compensación para que os valencianos teñamos os mesmos dereitos".

Tras os valencianos, Ábalos verase con Navarra Suma, despois de que UPN ofrecese o seus dous votos positivos se o PSOE se abstén na comunidade foral. A posición, a este respecto, adiantábaa onte Adriana Lastra.

"María Chivite ten toda a lexitimidade para presentarse á invstidura na comunidade foral e así lla recoñece esta comisión executiva", afirmou a vicesecretaria xeral do PSOE.

Pola tarde, Ábalos buscará o apoio dos cántabros (PRC) e tamén de Ana Oramas (de CC). A canaria supedita o seu apoio a que non entre no goberno Unidas-Podemos. Onte, Sánchez e Iglesias aludiron a unha fórmula novedosa que denominaron goberno de cooperación.

"Un goberno integrador, incluínte, non é algo pechado como podería ser un goberno de coalición", segundo os socialistas.

"Para nós o significante é o de menos, goberno de coalición de cooperación, cogoberno, o importante son os contidos", dicía á saída Pablo Iglesias, o líder de Unidas-Podemos.

E como era de esperar, Ciudadanos e PP déronlle o non a Sánchez. Rivera, animándoo a pactar cos que denominou os seus socios habituais, e Casado, co desexo de que non teña que depender dos nacionalistas.

"Pois como vimos esta mañá é lóxico e é de supoñer que o faga cos seus socios", dixo Albert Rivera.

Pablo Casado, do PP, matizaba que  "o que esperamos é que ese acordo de investidura, de lexislatura ou de goberno se comlete cos rexionalistas e non con independentistas".

Lastra reprocháballes a ambos que se instalen nunha estratexia obstrucionista e non dean por sabido o mandato das urnas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019