CRTVG

Buscar

Ábalos asegura que non haberá peaxes nas autovías mentres non haxa consenso político

Publicado o 17/06/2021 15:11

Segundo o plan que o executivo de Pedro Sánchez remitiu a Bruxelas, as peaxes en autovías deberían estar listas a mediados do ano que vén, a partir do segundo semestre do 2022, para despois empezar a aplicarse a partir do 2024. Esta é unha das reformas que o Goberno terá que cumprir para recibir a cambio os fondos de recuperación europeos.

Pero esta mañá o ministro de Transportes deixaba o compromiso no aire e aseguraba o Goberno non ten ningunha proposta elaborada ao respecto, a pesar de estar incorporada no plan de reformas. José Luis Ábalos asegurou non se aplicarán peaxes nestas vías de alta capacidade mentres non haxa consenso co resto de partidos.

"Quedará pendente ata que atopemos ese consenso e haxa un debate político. Mentres tanto, tranquilos, que non imos impoñer nada. Todos eses cálculos de céntimos, iso só son especulacións", asegurou o ministro a preguntas dos xornalistas.

 

Noticias web

17/06/2021