CRTVG

Buscar

As probas da alta velocidade en Galicia comezarán a principios do ano que vén

Publicado o 18/09/2019 21:01

As probas da alta velocidade en Galicia comezarán a principios do ano que vén, segundo anunciou esta tarde o ministro de Fomento en funcións, aínda que non concretou a data. José Luis Ábalos, acompañado de representantes do Goberno galego e de Castela, percorreu en tren o treito Zamora-Pedralba, que está na fase final das probas.

227 quilómetros de vías con 67 viadutos e 130 túneles. Son as cifras da alta velocidade entre Zamora e Ourense que o ministro de Fomento en funcións cualificou como un fito da enxeñería civil. José Luis Ábalos non concretou cando circularemos por elas, pero reiterou o compromiso de que as obras estean finalizadas para principios do ano que vén.

O vicepresidente da Xunta acompañou o ministro de Fomento no percorrido entre Zamora e Pedralba. Alfonso Rueda pediulle o seu compromiso para que os prazos se cumpran, e Galicia poida ter AVE para o próximo ano Xacobeo.

O ministro en funcións anunciou que no Consello de Ministros desta semana se vai autorizar a electrificación da liña Ourense-Monforte.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019