CRTVG

Buscar

Ábalos anuncia que nas vindeiras semanas o Adif licitará a estación do AVE de Santiago

Publicado o 08/04/2021 20:20

O ministro de Transportes achegouse a Santiago para anunciar obras de ampliación e mellora da estación de tren da capital galega. Foi despois de asinar co alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, un acordo de colaboración entre as dúas administracións. José Luis Ábalos avanzou investimentos nos barrios composteláns de Vite, A Pontepedriña e Vista Alegre e un millón catrocentos mil euros en distintas obras no Camiño.

Sobre a ampliación da estación, Ábalos dixo que a licitación das obras xa está en marcha e non será preciso un novo convenio: "Existe un convenio que prevía a devandita actuación no suposto de que o número de usuarios superara os 3 millóns e medio de persoas ao ano. Non chegamos a esa cantidade, pero licitaranse as obras sen que ese limiar constitúa unha condición".

Noticias web

08/04/2021