CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Balonmán feminino. Chegou a primeira vitoria da temporada para o Porriño Godoy Maceira

Publicado o 05/10/2017 15:26

En balonmán feminino chegou a primeira vitoria da temporada para o Porriño Godoy Maceira.

Cuarta xornada de liga e, por fin, sorrín as mozas de Abel Estévez. Por un gol derrotaron o Puig d'en Valls de Eivisa, 27 A 26.

As porriñesas ofreceran boas sensacións en anteriores encontros, pero non lograran vitorias. Debutou a porteira Fátima. Sara Gil con sete goles e Cecilia Cacheda con cinco lideraron o ataque do Porriño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí