CRTVG

Buscar

Baléiranse as cafeterías de Compostela e O Milladoiro

Publicado o 22/10/2020 08:39

O sector da hostalería asume con resignación as medidas que entraron en vigor esta medianoite e impiden o consumo no interior dos bares. Si que está permitido atender nas terrazas, cunha ocupación do 50 %, pero co mal tempo, advirten, non cren que lles sirva para manter a actividade. 

Os negocios que contan con restaurante agardan poder aguantar un pouco máis, xa que está permitido xantar no interior dos locais, aínda que só entre persoas conviventes. Nun restaurante do polígono do Tambre agardan tamén que o servizo a domicilio axude a compensar a caída na actividade. 

Noticias web

22/10/2020