Volve a máscara en exteriores nas Balerares e Murcia prohibe a venda de alcol pola noite
Publicado o 19/07/2021 21:05

A máscara volverá ser obrigatoria en exteriores nas Illas Baleares. Despois dun mes da súa retirada, o consello do Govern acordou a súa volta ante o aumento disparado dos contaxios. Previsiblemente, a medida entrará en vigor coa actualización das restricións a partir desta fin de semana.
Ademais, en Murcia queda prohibida a venda de alcol desde as dez da noite e as reunións sociais quedan limitadas a un máximo de dez persoas.