Baleares expropiará 56 pisos baleiros de grandes propietarios para alugueiro social
Publicado o 02/03/2021 19:04

O Goberno das Baleares iniciou a expropiación para o seu uso de 56 pisos baleiros, propiedade de bancos e fondos de investimento. As vivendas destinaranse a alugueiro social por un período de 7 anos.
A lei de vivenda balear, aprobada hai dous anos, obriga as entidades que teñan máis de dez pisos a incluílos nun rexistro público. Esta é a primeira vez que se fai uso deles. O Goberno balear pagaralles aos propietarios 1,8 millóns de euros polo uso das vivendas, segundo os expertos, unha cantidade inferior ao prezo de mercado.
Trátase de 27 vivendas en Mallorca, 23 en Menorca e seis en Eivisa.