Os restaurantes volveron dar ceas nunha fin de semana con boa ocupación
Despois de 3 meses de duras restricións, os restaurantes recuperaron a quenda das ceas desde o venres. As rúas volveron ter vida nocturna coa ampliación do horario ata as 11 da noite. O balance en xeral para os restauradores foi positivo, con matices.
Entre as novas medidas que tiveron que adoptar: a colocación de medidores de CO2 ou a reserva previa, é o rexistro de clientes o que máis dificulta o seu traballo.
Entre as eivas desta medida no sector critican o agravio comparativo con bares e cafeterias.
Danse casos singulares, como un local de Santiago con licenza de bar e restaurante e dous espazos diferenciados. Ás 9 da noite deben desaloxar os clientes da zona de cafetería e só poden quedar os do comedor. Aínda así, confían en que este paso na desescalada se manteña, apelando á prudencia para que non haxa que recuar de novo.