CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O ATS2020, un proxecto de aprendizaxe basado nas habilidades dixitais

Publicado o 05/10/2017 15:27

Facilitarlles aos profesores e aos alumnos un modelo de aprendizaxe baseado nas habilidades dixitais. É un dos obxectivos do proxecto europeo ATS 2020 que desenvolven unha vintena de colexios na nosa comunidade.

Os alumnos deste programa piloto mesmo recibiron varios premios, entre eles o de 'EL País de los Estudiantes', por un xornal que elaboraron como parte do proxecto.

No IES Rosalía de Castro, en Santiago, hoxe tocou facer balance do ATS2020. Baixo esta denomináción agóchase un proxecto piloto que ofrece aos alumnos dos primerios cursos de secundaria un modelo de aprendizaxe innovador. Por iso unha trintena de profesores procedentes dunha ducia de países europeos viñeron a Compostela para coñecer o traballo realizado ao longo do curso.

Outro dos obxectivos do ATS 2020 era que os alumnos foran capaces de desenvolver un proxecto cooperativo e realizar un produto final. Este grupo de alumnos elaborou un xornal que lles mereceu o premio 'El País de los Estudiantes' ao mellor xornal júnior de España.

Pensar de maneira crítica, ter iniciativa ou utilizar as novas tecnoloxías forman parte das competencias transversais que a nivel docente son fundamentais para o éxito escolar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí