CRTVG

Buscar

Balaban falla dúas opcións para levar o COB - Alacante á prórroga (68-70)

Publicado o 15/02/2020 20:45

O COB perdeu na casa diante de Alacante e xa leva tres derrotas consecutivas. O cadro alacantino demostrou ser o equipo máis en forma da competición (sete triunfos seguidos) e conseguiu sair vitorioso logo dun partido moi completo de Ourense. O primeiro tempo foi de claro dominio local, cunha boa secuencia de anotación no primeiro cuarto e manexando distancias próximas os dez puntos no segundo período. O partido igualouse no terceiro cuarto cando o acerto ofensivo de Alacante lle permitiu meterse no partido. O último cuarto resultou todo o contrario. Moitos problemas para anotar para os dous equipos e o encontro encamiñouse cara un desenlace incerto. A 3 minutos do final Alacante gañaba por 64-70. Un tiro libre de Van Wijk e unha tripla de Edu Martínez a 1.14 do final poñían o 68-70. Nese último minuto o COB tivo dous ataques para empatar pero Balaban non estivo atinado neses dous lanzamentos.

Marcador: 23-20, 41-32, 58-58, 68-70

Noticias web

15/02/2020