CRTVG

Buscar

Baixo vixilancia especial concellos que ven subir os contaxios

Publicado o 22/12/2020 14:26

Preocupa a situación en varios concellos de Galicia que quedan baixo vixilancia especial. Son lugares que nos últimos días rexistran un aumento no número de contaxios. 

Con preto de 130 casos activos, Vilagarcía de Arousa convértese nunha das localidades que preocupan ao comité cliníco galego.

A estas alturas xa todos coñecemos a receita para controlar os contaxios. Outros optan por endurecer as restricións.

Cun nivel medio alto de restricións que implica o peche perimetral do concello, ocupacións e horarios limitados na hostalería a situación non consegue estabilizarse.

Xunto a Vilagracía, o comité clínico tamén deixa baixo vixilancia especial outros concellos galegos: Aranga, Porto do Son, Viveiro, Burela , Dozón, Vedra, Muros e, na provincia de Ourense, Xinzo de Limia e Verín.

O conselleiro de Sanidade non descarta unha actuación especial en Verín se non se controla o avance da pandemia.

Noticias web

22/12/2020