CRTVG

Buscar

Baixan un 62% as descargas de sardiña nos portos galegos

Publicado o 11/06/2019 16:28

Baixan un 62% as descargas de sardiña nos portos galegos. No que vai de mes descargáronse nos portos do país 207 toneladas de sardiña, un 62% menos ca no mesmo tramo no ano 2018.

Este ano a frota ten menos cota para pescar esta especie e ata o momento os cerqueiros estaban centrados na pesca da anchoa. Agora van ir aumentando as capturas de sardiña de cara ao verán. Teñen unha cota de 6.000 quilos semanais por embarcación e van ir introducindo o peixe gradualmente no mercado para que non caian os prezos. Arestora están vendendo a bo prezo, a uns dous euros o quilo, tamén porque cada vez ten máis calidade e máis graxa.

Din os mariñeiros que hai sardiña no mar e discrepan cos científicos que asesoran a Comisión Europea, que alertan da escaseza de stock da especie e propoñen unha veda total para a sardiña.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019