Baixan os contaxios en Santiago e Ourense, onde se prevé o levantamento dalgunhas restricións
Publicado o 30/11/2020 15:42
En Santiago e Ourense as restricións xa están dando resultados. O levantamento dalgunha das restricións está enriba da mesa.
Santiago xa é a cidade galega coa menor incidencia do virus e en Ourense a situación é semellante, así que os cidadáns ven máis cerca o levantamento do peche.
Pero antes teñen que superar unha barreira: teñen que baixar dos 100 casos por cada 100.000 habitantes. Só así se poden suavizar as restricións.