CRTVG

Buscar

Baixan os contaxios case á metade e os casos activos seguen descendendo

Publicado o 30/09/2021 10:26

• Diminúe a ocupación hospitalaria en planta (-3)

Baixan os contaxios case á metade e os casos activos seguen descendendo

Os casos activos seguen o seu descenso en todas as áreas sanitarias e xa tocan o milleiro. En concreto, hai 1.006 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, baixan os novos casos positivos (-18) e redúcense case á metade. En total, foron detectados 23 contaxios.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 214 (-17)

A Coruña: 221 (-23)

Pontevedra: 73 (-7)

Santiago: 122 (-8)

Ourense: 161 (-18)

Lugo: 190 (-16)

Ferrol: 25 (-1)

En canto á ocupación hospitalaria, esta tamén diminúe no número de persoas en planta (-3). En total, hai 15 persoas en coidados intensivos e 39 en planta. Con todo, o Sergas notificou o falecemento dunha persoa por mor da covid−19, que eleva o número de decesos a 2.637 desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos