Baixan os casos en residencias de maiores de Galicia, con 415 usuarios contaxiados
Publicado o 30/11/2020 17:24

Baixan os contaxios nas residencias de maiores de Galicia. A semana empeza con 415 casos activos ente os usuarios, 16 menos que onte. Os centros con máis positivos son o asilo de Vilalba, con 116 maiores contaxiados, e a residencia Vila do Conde de Gondomar, con 110. Ademais hai 200 positivos entre os traballadores das residencias. Hoxe empezouse a facer un cribado masivo en todos os centros de maiores de Galicia. A partir de agora faranse cada 15 días.
Máis sobre Galicia
19/01/2021 21:48