CRTVG

Buscar

Baixan os casos de covid en España pero aumentan os falecementos

Publicado o 21/08/2021 14:19

No que se refire ao conxunto do Estado, a curva de casos continúa a tendencia descendente que comezou hai un mes. Tamén baixa a incidencia acumulada a 14 días, pero aínda así o risco, atendendo a este parámetro, é extremo en practicamente todas as comunidades. A excepción é Asturias.

Por outra parte, a presión nos hospitais, sobre todo nas UCI, segue nun nivel de risco alto, agás en Madrid e en Cataluña onde están moito máis saturadas. Preocupa o aumento na cifra de falecidos. Foron 402 na última semana.

 

Noticias web

21/08/2021