Baixan os casos con coronavirus en Galicia a 884, e morren dúas persoas máis
Publicado o 23/05/2020 12:24
O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 884, deles 221 son da área da Coruña, 56 de Lugo, 127 en Ourense, 37 en Pontevedra, 264 da de Vigo, 151 en Santiago e 28 da de Ferrol. Dos pacientes positivos, 11 permanecen en UCI, 66 en unidades de hospitalización e 807 en domicilio.
En Galicia morreron desde o comezo da pandemia 612 persoas. Os dous últimos falecementos son o dun home de 79 anos ingresado na Coruña e unha muller de 88 anos hospitalizada en Ourense, os dous con patoloxías previas. Do total de falecidos, 132 corresponden a residencias de maiores e 139 morreron en hospitais e residencias integradas.
Xa recibiron a alta 9.684 persoas afectadas pola COVID-19. O número de probas de PCR realizadas é de 133.153.