CRTVG

Buscar

Luns sen falecementos e cos casos activos á baixa por cuarta xornada consecutiva

Publicado o 21/06/2021 19:46

• Soben os casos nas áreas da Coruña (+5), Pontevedra (+1) e Ferrol (+1)

• Menos de 60 hospitalizados por primeira vez dende o 16 de agosto

Luns sen falecementos e cos casos activos á baixa por cuarta xornada consecutiva

Galicia continúa na súa tendencia á baixa nos casos activos. Hoxe o Sergas informa de que hai 1.250 persoas con covid-19 en Galicia, 20 menos ca onte, tras 56 novos positivos.

Por áreas sanitarias, a repartición sería a seguinte:

A Coruña: 439 (+5)

Ferrol: 102 (+1)

Lugo: 151 (-3)

Ourense: 142 (=)

Pontevedra: 119 (+1)

Santiago: 100 (-10)

Vigo: 197 (-14)



Estabilidade nos hospitais

A situación da presión hospitalaria mantense semellante á dos últimos cinco días. Hai 59 persoas ingresadas: 43 en planta (-2) e 16 nas UCI (+1).

Na xornada de hoxe non se notificaron falecementos. Onte o Sergas informou do pasamento dunha persoa, polo que a cifra de vítimas no que vai de pandemia mantense nas 2.434. O falecido era un home de 100 anos que finou o día 19 no hospital da Coruña.

Positividade por debaixo do 2 %

Das 2.928 probas PCR realizadas, deorn positivo 56, o que revela unha taxa de positividade do 1,91 %, moi por debaixo do limiar máximo recomendado da OMS -5 %-.

Mapas de incidencia por concellos