Baixan os casos activos, pero a incidencia está en 591 casos por 100.000 habitantes
Falta unha semana para que se cumpra o prazo marcado pola Xunta para as restricións vixentes. Hai 20 concellos sen ningún caso en 14 días, pero todas as grandes cidades están moi por riba dos 250 casos por 100.000 habitantes. A que máis, A Coruña e a que menos Vigo.
Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública: "Temos unhas taxas tanto a 7 como a 14 días que debemos mellorar de maneira sustancial para que podamos falar de que estamos nunha fase clara de descenso e de forma sostida".
Na última semana fixéronse moitas probas diagnósticas. Máis de 90.000 persoas participaron en cribados en que se detectaron 200 infectados.
Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública: "Se non dectectásemos de maneira precoz esas 201 persoas, converteríanse probablemente en 400, logo en 600 e se tivese incrementado o número de casos en Galicia".
O que non mellora é a situación nos hospitais. Preocupan as capacidades das UCI.
José Flores, xerente do Sergas: "A máxima expansión que podemos permitirnos en Galicia sumando os hospitais privados, baixariamos ao 31 % de ocupación das camas de críticos neste momento".
Manuel Vázquez Lima, médico de urxencias no hospital do Salnés: "Temos que seguir traballando para conseguir baixar estes valores a valores normais que nos permitan facer unha atención normal porque existen outros pacientes que requiren esta atención e son os pacientes non covid".
Os responsables sanitarios consideran que a redución de casos positivos demostra que as medidas son eficaces, pero aínda insuficientes.