CRTVG

Buscar

Baixa a presión asistencial en Galicia, que segue reducindo os casos activos (-365)

Publicado o 11/08/2021 20:22

• Caen a 722 os positivos diarios, descenden a 328 os hospitalizados e redúcese a taxa de positividade ao 10,7 %

• A área sanitaria de Ferrol é a única que suma máis casos activos (+13)

Baixa a presión asistencial en Galicia, que segue reducindo os casos activos (-365)

A xornada de hoxe comeza cunha baixada pronunciada dos casos activos (-365). É, así, o sexto día de descenso, cunha cantidade total de 16.106 persoas con coronavirus en Galicia

Con todo, Sanidade notificou a morte de cinco persoas que foran diagnosticadas coa covid nos dous últimos días. O martes morreu un home de 77 anos no HULA. Na xornada de hoxe un home de 89 anos morreu no Hospital de Verín, esta persoa procedía da residencia de maiores Val de Monterrei. Outro dous homes de 86 e 80 morreron no CHOP e no HM Modelo Belén da Coruña. A outra falecida, é unha muller de 62 anos que morreu este mércores no CHUAC. Todos eles tiñan patoloxías previas, segundo avanzou Sanidade. O número de vítimas mortais elévase a 2.504 dende o inicio da pandemia.

En canto ás PCR realizadas, rexistráronse 725 positivas, 65 menos ca o día anterior. A área sanitaria da Coruña e a de Vigo son as que mostran peores datos: por encima das 200 PCR positivas diarias. 

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 3.967 (-59)

A Coruña: 4.579 (-20)

Pontevedra: 1.907 (-122)

Santiago: 1.710 (-43)

Ourense: 1.176 (-58)

Lugo: 1.758 (-76)

Ferrol: 1.009 (+13)

Descenden tamén as hospitalizacións en Galicia. En planta atópanse 275 persoas (-16) e en coidados intensivos 53 (-1). 

Mapas de incidencia por concellos