Baixan os casos activos a 13.076 (-419) e descende a presión asistencial (-11)
• Descenden os novos casos confirmados por PCR (-137)
• Todas as áreas sanitarias rexistran un descenso dos casos activos

A semana comeza cunha baixada pronunciada dos casos activos, que xa están nos 13.076, máis de 3.000 contaxios menos que o martes da semana anterior.
Con respecto ás PCR, tamén experimentan un descenso importante, xa que hai só catro días confirmábanse o dobre de positivos diarios que hai hoxe: 406.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:
Vigo: 3.192 (-102)
A Coruña: 4.217 (-114)
Pontevedra: 1.351 (-66)
Santiago: 1.290 (-32)
Ourense: 797 (-35)
Lugo: 1.330 (-31)
Ferrol: 899 (-39)
Por outra banda, a presión asistencial mantense alta, aínda que se reducen as persoas en planta con respecto ao día anterior (-11). Así, en cifras totais, hai 63 persoas en coidados intensivos e 263 en planta. Saúde Pública notificou na xornada de onte dous falecementos por coronavirus, elevando o número a 2.518 decesos desde o inicio da pandemia.