CRTVG

Buscar

Baixan os casos activos (-611), pero aumentan a presión asistencial (+2) e os positivos por PCR (+2)

Publicado o 19/08/2021 10:26

• Baixan as persoas hospitalizadas en UCI e soben as que están en planta

• As áreas sanitarias da Coruña, Vigo e Ferrol son nas que máis positivos diarios se detectan

Baixan os casos activos (-611), pero aumentan a presión asistencial (+2) e os positivos por PCR (+2)

Hoxe fai dúas semanas que comezou a baixada dos casos activos, que xa non parou. Na xornada actual, todas as áreas sanitarias notifican descensos, cunha cifra total de 12.119 casos activos, 611 menos ca na xornada anterior.

Con respecto ás PCR, estas experimentan unha pequena subida (+2) con respecto ao día de onte. Das 604 probas positivas, a maioría foron rexistradas na área sanitaria da Coruña, de Vigo e de Ferrol. 

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 2.985 (-149)

A Coruña: 3.840 (-189)

Pontevedra: 1.211 (-84)

Santiago: 1.203 (-56)

Ourense: 740 (-51)

Lugo: 1.287 (-57)

Ferrol: 853 (-25)

A presión asistencial tamén sobe (+2). Atópanse 264 persoas hospitalizadas en planta, 5 máis ca o día anterior, pero 3 menos en UCI, deixando 60 en coidados intensivos. Por outra banda, Saúde Pública notificou o falecemento de cinco persoas, alzando o número de decesos por coronavirus desde o inicio da pandemia a 2.529.

Mapas de incidencia por concellos