Baixan os casos activos (-48) e as hospitalizacións (-15) en Galicia
• Non se rexistraban tan poucos ingresos en planta dende o 1 de setembro
• Soben os casos só nas áreas de Pontevedra (+17) e Ourense (+1)

Galicia continúa na fase de meseta, con lixeiras variacións diarias no que respecta aos casos activos. Segundo os últimos datos de Sanidade, hai 2.185 persoas diagnosticadas de covid-19 no país, o que son 48 menos ca onte.
Por áreas sanitarias, o resultado é o seguinte:
A Coruña: 616 (-33)
Vigo: 600 (-23)
Pontevedra: 283 (+17)
Santiago: 318 (-2)
Lugo: 142 (-3)
Ferrol: 86 (-5)
Ourense: 140 (+1)
Menos persoas en planta pola covid-19
Seguen mellorando os datos da presión hospitalaria. Hai en total 173 persoas ingresadas (-15), das cales 145 permanecen en planta (-16), o número máis baixo dende primeiro de setembro. Nas UCI hai 28 pacientes, un máis ca onte.
Onte o Sergas informou do falecemento de tres persoas por mor da doenza, o que eleva a cifra de vítimas no que vai de pandemia a 2.363 persoas.
A positividade segue á baixa
Mantense o número de probas PCR realizadas na orde das 7.000 (concretamente, 7.015, 184 menos ca onte). Delas, dero positivo 139, o que supón unha taxa de postividade do 1,98 %, moi por debaixo do limiar máximo recomendado pola OMS -5 %-.