CRTVG

Buscar

Baixan os casos activos (-202), pero aumentan os novos contaxios (+559)

Publicado o 27/08/2021 10:18

• Aumentan as hospitalizacións en planta (+2), pero descenden as persoas en UCI (-2)

• As áreas sanitaria de Lugo, Santiago e Ourense suman casos activos

Baixan os casos activos (-202), pero aumentan os novos contaxios (+559)

Os casos activos seguen descendendo (-202) e xa están nos 9.284. Porén, o Sergas notificou na xornada de onte un falecemento por mor da covid, que alza o número a 2.553 decesos desde o inicio da pandemia.

Por outra banda, aumentan os novos contaxios (+559) e as probas positivas por PCR (+40) con respecto ao día de onte. En total, rexistráronse 537.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 1.943 (-130)

A Coruña: 2.530 (-79)

Pontevedra: 731 (-64)

Santiago: 1.291 (+43)

Ourense: 707 (+19)

Lugo: 1.422 (+45)

Ferrol: 660 (-36)

A presión asistencial, pola súa parte, mantense coma a xornada anterior: hai 274 persoas hospitalizadas. En concreto, suma dúas en planta (217) e resta dúas en coidados intensivos (57).

Mapas de incidencia por concellos