CRTVG

Buscar

Baixan a cinco os usuarios contaxiados en residencias de maiores en Galicia, todos nun centro en Chantada

Publicado o 12/05/2021 17:28
Baixan a cinco os usuarios contaxiados en residencias de maiores en Galicia, todos nun centro en Chantada

Cinco maiores da residencia de Chantada son os únicos usuarios contaxiados de covid nos centros galegos. Tamén é positivo un traballador da mesma instalación. Segundo Política Social, todos os maiores tiñan xa a pauta completa de vacinación e un dos empregados estaba á espera da segunda, segundo marca o protocolo.

Este gromo detectado o pasado 30 de abril, e único en Galicia, rompeu coa tendencia de catorce días consecutivos sen casos activos nestes centros, xa que o 16 dese mes obtivo a alta o último traballador contaxiado. Os últimos positivos de maiores foron os do gromo da residencia de Silleda, a mediados de marzo.

Noticias web

12/05/2021