Baixan a 293 os usuarios de residencias con covid-19 en Galicia
Publicado o 20/10/2020 14:14

Baixan a 293 os usuarios de residencias de maiores con covid-19 en Galicia, despois de producirse 66 altas na DomusVi de Outeiro de Rei. Nese centro hai actualmente 13 persoas contaxiadas.
O último balance rexistra oito nove positivos en usuarios de residencias, entre elas a San José Hermanitas de Narón, e a do Pereiro de Aguiar en Ourense, onde hai 161 casos. 69 persoas recibiron a alta e notificáronse 3 falecementos en centros residenciais.