CRTVG

Buscar

Baixa un 30% o número de mortos nas estradas galegas durante o verán

Publicado o 25/08/2019 15:08

15 persoas faleceron entre xuño e o que vai de agosto nas estradas galegas, o que supón un 30 por cento menos que o ano pasado. Todos os accidentes mortais producíronse en estradas convencionais.

As estatísticas do verán cambian a tendencia dos primeiros cinco meses do ano. Ata maio, os falecidos nas estradas galegas aumentaran un 55 por cento con respecto a 2018, con 42 vítimas mortais en 39 accidentes. Case o 60 por cento dos delitos contra a seguridade viaria están relacionados co consumo de drogas e alcohol.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/08/2019