Baixa participación dos veciños no cribado poboacional de Culleredo
Publicado o 10/07/2021 16:14
O municipio de Culleredo ten 63 infeccións activas e acumula unha incidencia a catorce días de máis de douscentos casos por cada cen mil habitantes.
O Sergas citou arredor de 4.000 persoas de entre 18 e 35 anos para realizar a proba PCR.
O cribado estase desenvolvendo no centro de saúde do Portádego. Na xornada de onte detectáronse dous positivos asintomáticos. Polo momento, a participación está sendo moi baixa. Apenas chega ao 25 %.