Baixa o prezo medio da vivenda en Galicia pero sobe nas capitais provinciais
Publicado o 24/02/2021 21:18
Segundo o estudo de Fotocasa, unha vivenda de 80 metros cadrados en Pontevedra pasou de 122.000 euros e 143.000 nos últimos cinco anos. En todas as capitais de provincia galegas o prezo da vivenda aumentou nese período, pero o incremento pontevedrés é especialmente significativo.
O efecto da pandemia impulsa a tendencia á alza nestas cidades.
A pesar destes incrementos, o informe do portal inmobiliario conclúe que, de media, a vivenda se abaratou en Galicia un 2,6 % nos últimos cinco anos.