CRTVG

Buscar

Baixa o prezo da vivenda no mes de xullo

Publicado o 20/08/2018 14:54

O prezo da vivenda usada aumentou en España no mes de xullo un 1,6%, agás en Galicia, onde diminuíu un 0,3%. Na provincia de Ourense os prezos da vivenda usada baixaron un 2,3% , sendo a capital, a cidade de España máis barata con respecto á vivenda usada, cun 1,8% menos de prezo. Tamén na Coruña os pisos e casas usadas resultaron un 1% máis baratas.

Case nove de cada dez persoas prefiren ter unha vivenda en propiedade en troques de alugar, agás os máis novos, que apostan polo alugueiro, por motivos económicos, segundo o Observatorio da Vivenda.

Noticias web

20/08/2018