CRTVG

Buscar

Baixa a ocupación das UCI, pero nos hospitais advirten do risco de baixar a garda

Publicado o 01/12/2020 15:23

A segunda onda da pandemia volveu a poñer ao límite as unidades de coidados intensivos. En Galicia a ocupación chegou ao 6 por cento.

69 ingresos nas UCI galegas é o dato máis baixo do último mes en Galicia. Os expertos advirten de que nestes momentos non podemos permitir una repunta nos contaxios.

En medio das boas noticias, os sanitarios insisten na prudencia. A coñecida como fátiga pandémica podería causar unha relaxación das medidas.

Despois de meses de restricións non hai que baixar a garda. Xunto á prudencia e á responsabilidade, os cribados son outra arma para loitar contra a expansión do virus. O Sergas comezou a facer probas PCR a 2.700 alumnos da área sanitaria pontevedresa.

O alivio asistencial é preciso para que o personal sanitario poida afrontar o inverno. a época de maior demanda hospitalaria do ano.

Noticias web

01/12/2020