CRTVG

Buscar

Baixa a incidencia en todas as vilas da Barbanza

Publicado o 06/08/2021 15:27

Despois de semanas de ascensos e incidencias moi altas, que nalgúns concellos se situaron arredor dos 1.000 casos por 100 mil habitantes, os veciños da Barbanza comezan a ver a luz. Os contaxios baixan en todos os concellos, o que indica que a quinta vaga remite.

Ribeira tiña a comezos de semana unha incidencia a 14 días de máis de 600 casos por cen mil habitantes e agora está nos 505.

A localidade veciña de Boiro baixa esta fin de semana un chanzo, pasa do nivel máximo ao alto.

 

Noticias web

06/08/2021