CRTVG

Buscar

Baixa a idade dos efermos de covid-19: en Lugo, un home de 35 anos está na UCI

Publicado o 27/05/2021 15:53

O certo é que o foco da covid se pon, cada vez máis, en persoas novas. Os contaxiados por covid e os enfermos que acaban ingresados van baixando a media de idade segundo avanza a vacinación. En Lugo, por exemplo, un dos pacientes de coronavirus ingresados na UCI ten só 35 anos.

Trátase dun dos contaxiados no gromo que afecta desde hai varios días Viveiro, que nas últimas horas superou xa os 60 positivos e se estendeu a varios concellos da Mariña. O home, de 35 anos, permaneceu ingresado durante varios días no hospital de Burela, pero finalmente foi trasladado á UCI do Hula por unha pneumonía bilateral.

 

Noticias web

27/05/2021