CRTVG

Buscar

Sanidade comunica 48 falecidos máis en España, pero non inclúe Cataluña "por problemas na validación"

Publicado o 21/05/2020 17:05
Sanidade comunica 48 falecidos máis en España, pero non inclúe Cataluña "por problemas na validación"

Nas últimas 24 horas faleceron 48 persoas con coronavirus. Iso supón unha caída con respecto ás 95 mortes notificadas onte. Ademais, é o quinto día consecutivo en que as mortes baixan das 100. O número de novos contaxios confirmados por PCR descende a 344, fronte ás cifras deste mércores, cando se rexistraron 416 novos positivos. Así o confirman os últimos datos ofrecidos polo Ministerio de Sanidade.

Ata o momento, notificáronse en España un total de 233.037 casos confirmados por PCR da COVID-19, e a cifra total de falecidos ascende a 27.940.

Iso si, non se inclúen as cifras de Cataluña, que non puido actualizar os seus datos por "problemas de validación", segundo precisa o Ministerio de Sanidade.

 

As novas hospitalizacións descenderon a 140 nas últimas 24 horas. Deste xeito, producíronse un total 124.521 dende o inicio da pandemia. Segundo o Ministerio de Sanidade, 11.454 pacientes precisaron de coidados intensivos, 20 deles nun día. 

O reparto dos novos contaxios quedaría do seguinte xeito:

Andalucía: 45

Aragón: 37

Asturias: 0

Baleares: 8 

Canarias: 7

• Cantabria: 2

Castela-A Mancha: 50

Castela e León: 41

 Ceuta: 0

Comunidade Valenciana: 38

• Estremadura: 2

Galicia: 10

Madrid: 82

• Melilla: 0

Murcia: 10

Navarra: 3

País Vasco: 9

A Rioxa: 0

No tocante aos falecidos: catro en Andalucía, un en Aragón, tres en Asturias, seis en Castela-A Mancha, cinco na Comunidade Valenciana, un en Estremadura, un en Galicia, 19 en Madrid, un en Murcia, tres en Navarra, tres no País Vasco e un na Rioxa. 

Con todo, coa actualización dos datos de Cataluña "estaríamos arredor do medio centenar" de novas mortes" e os contaxios xirarían arredor dos 400, segundo apuntou o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, na súa conferencia de prensa diaria. 

 

O epidemiólogo tamén apuntou que as franxas horarias desaparecerán na fase 2, malia que haberá unha específica para os maiores. Con respecto á transmisión do virus, dixo que aínda é cedo para saber se a calor lle afecta e salientou que os tratamentos que se agardaban ter en breve non chegaron.

Outro dos temas que se tratou na conferencia de prensa desta tarde foi o das imaxes de praias ateigadas en Barcelona. Fernando Simón alegou que non se pode basear unha decisión como a de pasar de fase "nunha imaxe puntual" e nunha situación que "non sabemos se é xeneralizada".