CRTVG

Buscar

Baiona regresa a 1493 co inicio da Festa da Arribada

Publicado o 01/03/2019 21:25

Xa comezou a festa da Arribada en Baiona. Celebran que hai 526 anos a carabela Pinta arribaba coas novas do descubrimento dun novo mundo.

Para conmemoralo esta vila viaxa no tempo ata 1493, o momento en que A Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, chegaba das Américas. Se naquel momento a nova supuxo toda unha revolución, hoxe en día a festa tamén o fai.

Dende hoxe e ata o domingo haberá exhibicións e recreacións en distintos lugares de Baiona. Ademais, 200 postos de artesanía e comida tomarán as rúas de Baiona para ofrecer aos visitantes o mellor produto local.

 

Os postos de comida xa quentan as grellas para dar de comer aos milleiros de visitantes que durante esta fin de semana pasarán por Baiona. Porque a arribada é sobre todo unha festa na rúa, onde se conmemora que hai 526 a carabela Pinta atracaba coas novas do coñecemento dun novo continente.

Exhibicións de cetrería, tiro con arco ou esgrima antiga misturaranse ata o domingo coas recreacións teatrais do que sucedeu aquel primeiro de marzo de 1493.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/03/2019