CRTVG

Buscar

Baiona prepara un dispositivo para protexer as mulleres do acoso na Arribada

Publicado o 20/02/2019 17:54

Un 80 % das agresións sexuais non se denuncian. A metade delas suceden pola noite vencelladas ao ocio e ás festas populares. Con motivo da Festa da Arribada presentouse hoxe en Baiona a campaña 'Agresións off. Eu digo non á violencia sexual'.

As agresións sexuais forman parte do día a día de moitas mulleres. Só un 20 % as denuncian. Suceden sobre todo de noite e moi vencelladas ás festas. Comentarios desagradables, miradas lascivas, tocamentos. Son todas formas de agresión sexual.

Con motivo da Festa da Arribada que se vai celebrar a primeira fin de semana de marzo, Baiona preparou un dispositivo especial para protexer as mulleres que se enmarca dentro da campaña da Xunta de Galicia 'Agresións off. Eu digo non á violencia sexual'. Puntos de información morados, vixilancia polas rúas e unha vila enteira empapelada con carteis que visibilizan esta eiva social.

Ao acto que se celebrou no CEIP Covaterreña asistiu a secretaria xeral de Igualdade.
Nesta festa de carácter internacional hoxe queren lembrar que, malia que se celebra o século XV, non debemos esquecer que estamos no XXI.







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2019